San Xoán na praia de Bastiagueiro

Actuación da orquesta Fania Blanco Show

Para amenizar a noite de San Xoán, a orquestra Fania Blanco Show actuará na explanada do acceso á praia Bastiagueiro desde as 22:30 horas, aproximadamente. Para evitar a contaminación da praia, porase leña a disposición da veciñanza gratuitamente a partir das 20:00 horas. Policía Local, Garda Civil e o Servizo Municipal de Emerxencias e Protección Civil realizarán un importante despregue para impedir a queima de elementos tales como palés, sofás e calquera tipo de obxecto que poida conter cravos. Tamén estará prohibida a introdución de botellas de cristal ou calquera elemento que conteña vidro. Segue aberto o prazo para solicitar autorización para realizar unha fogueira, tanto nas praias coma noutros lugares. As normas e a solicitude pode descargarse na web municipal e deberá ser entregada cuberta e asinada no Rexistro da Casa do Concello ou da Sede electrónica ata o día 22.

info

Data

23 Xuño-24 Xuño 2022

Onde

Bastiagueiro – Liáns
Explanada da Praia de Bastiagueiro

Prezo

De balde

Compartir

Volver á axenda