Sardiñada de Mera

O Concello de Oleiros, en colaboración coa Asociación Veciñal San Cosme de Maianca, organiza o vindeiro venres 21 de xullo a tradicional sardiñada que se celebra na praia de Mera. A festa comezará a partir das 20:00 horas. Venderanse tanto sardiñas asadas como crúas, poñendo leña gratuíta a disposición de aquelas persoas que desexen utilizar as súas propias grellas, e tamén haberá punto de venda de bebidas. A animación musical correrá a cargo da Agrupación Cultural A Marola de Mera e da charanga A Santa Compaña.

info

Data

21 Xullo 2023

Hora

20:00h

Onde

Mera
Praia de Mera

Compartir

Volver á axenda