Organiza a túa viaxe

Como moverse

Moverse polo Concello de Oleiros é moi sinxelo posto que o municipio posúe infraestruturas e equipamentos para todas as necesidades. Xa sexa en bici, en transporte público ou en vehículo particular, Oleiros adáptase á opción que mellor che conveña.

público

Bicicleta

O carril bici do concello conecta os núcleos de Mera, Santa Cruz e Santa Cristina coa cidade da Coruña, polo que moverse por estas localidades e chegar ata o centro da Coruña é máis sinxelo e seguro para as persoas usuarias deste medio de transporte.

O carril bici do municipio, con 12,7 Km de distancia e dificultade media, ten tramos exclusivos para ciclistas e outros compartidos con peóns.

carril-bici-oleiros.pdf

carril-bici-oleiros.gpx

carril-bici-oleiros.kml

Autobús

Durante todo o ano a compañía Alsa Calpita conecta o concello co centro da cidade da Coruña e a estación de autobuses.

Ademais, unha liña de transporte municipal que percorre o concello de norte a sur, desde Lorbé ata O Burgo (no municipio próximo de Culleredo). Os autobuses saen ás horas impares de Lorbé (desde as 07:00h hasta as 21:00h) e ás horas pares do Burgo (desde as 08:00 h ata as 20:00 h).

Durante os meses de verán (do 15 de xuño ao 15 de setembro), o bus urbano da Coruña 1A une o casco urbano da Coruña coa praia de Santa Cristina cada 16 minutos.

Unha boa opción para obter importantes descontos no importe do billete é facerse coa Tarxeta de Transporte Metropolitano de Galicia. Podemos mercar esta tarxeta nas sucursais de Abanca e empregala en calquera liña de transporte que estea adherida ao Plan de Transporte Metropolitano da Xunta de Galicia.

Horarios de autobuses:

horario-acoruna-perillo-oleiros-sada.pdf

horario-acoruna-stacruz-mera-sada.pdf

privado

Coche

Se nos movemos en coche, debemos ter en conta que durante a época estival (do 1 de xuño ao 15 de setembro) funciona a ORA nas inmediacións das praias de Mera, Santa Cruz, Naval, Bastiagueiro e Santa Cristina. Durante eses meses, o horario da zona azul é de luns a domingo de 12.00h a 20.00h. Fóra deste período, aparcar é totalmente gratuíto.

Por outro lado, as localidades de Santa Cruz e Perillo contan durante todo o ano con zonas de aparcamento exprés nas zonas máis comerciais. Os vehículos que fagan uso destas prazas, non poderán permanecer máis de 30 minutos estacionados.

+ info ORA

Autocaravana

A uns 600 metros da praia de Bastiagueiro, na rúa Marcial del Adalid, está habilitada unha área de servizo para autocaravanas con tres prazas.

Servizos da área:

Auga potable
Baleirado de augas grises
Baleirado de augas negras

Taxi

Se non dispoñemos de vehículo propio, o taxi é unha boa opción para desprazamentos rápidos. Existen varias paradas de taxi permanentes repartidas polo concello ás que podemos acudir, pero se o que preferimos é que o taxi nos recolla nalgún lugar en concreto, podemos solicitalo no seguinte número de teléfono 981 243 333.