Que facer

Rutas e sendas

Se o teu é camiñar poderás facelo nun entorno inmellorable, combinando o verde da Costa de Dexo - Serantes co azul do noso océano ou adentrarte nos nosos frondosos bosques.

Ademais dunha gran beleza natural, recorrendo os nosos sendeiros poderás descubrir recursos de grande interese medio ambiental, xeomorfolóxico e histórico entre outros. Anímate e dá o paso!

Consellos para o senderista

Rutas polo Monumento Natural Costa de Dexo - Serantes

Tres rutas percorren o Monumento Natural da Costa de Dexo - Serantes, un lugar de espectacular beleza onde gozar da paisaxe, o mar e a natureza.

Ruta Monumento Natural Costa de Dexo-Serantes

Ruta Seixo Branco-Furnas

Distancia3.6 Km
Duración90 min
DificultadeMedia
Inicio - FinCanabal

Puntos de interese

  • Seixo Branco
  • Batería militar
  • Furna Ollo Pequeno
  • Furna A Regocha
  • Furna Ollo Grande
  • A Marola

Ruta Monumento Natural Costa de Dexo-Serantes

Ruta Porto de Dexo

Distancia4.1 Km
Duración120 min
DificultadeBaixa
Inicio - FinIgrexa de Santa María de Dexo

Puntos de interese

  • Igrexa de Dexo
  • Porto natural de Dexo
  • A Marola
  • Lavadoiro
  • Muíño
  • Cova do Ladrón

Ruta Monumento Natural Costa de Dexo-Serantes

Ruta Faros de Mera

Distancia1.5 Km
Duración30 min
DificultadeBaixa
Inicio - FinAula do Mar

Puntos de interese

  • Faros de Mera
  • Aula do Mar
  • Batería Militar

Ruta Google maps


Outras rutas de interese

Outras rutas de interese

Senda Litoral Mera

Esta preciosa senda percorre a fronte litoral de Mera. Ao longo do paseo, diversos paneis explicativos farannos partícipes da importancia biolóxica, xeográfica e etnográfica desta zona.
Distancia3 Km
Duración45 min
DificultadeBaixa
Inicio - FinCanide - Aula do Mar

Puntos de interese

  • Capela de Santa Ana
  • Porto e praia de Mera
  • Praia de Espiñeiro
  • Faros de Mera
  • Aula do Mar

Outras rutas de interese

Sendeiro Costa Libre

Este fermoso percorrido abrangue o tramo litoral que vai desde Santa Cristina a Santa Cruz. Durante o camiño, asombraranos a beleza do Castelo de Santa Cruz ou as vistas ao mar desde o parque das Galeras e o mirador de Nirvana.
Distancia7.8 Km
Duración90 min
DificultadeBaixa
Inicio - FinPaseo marítimo (Rúa Marisqueira) – Praia de Naval

Puntos de interese

  • Esteiro Ría do Burgo
  • Torre Bescansa
  • Parque José Martí
  • Praia de Santa Cristina
  • Praia de Bastiagueiro
  • Parque As Galeras
  • Praia e porto de Santa Cruz
  • Castelo de Santa Cruz
  • Praia de Naval
consellos

Recomendacións e boas prácticas en sendeirismo

Respecta a natureza

Respecta a natureza e os seres vivos, non molestes os animais nin arranques plantas. Se recolles cogomelos, faino con responsabilidade.

Prohibido facer lume

O lume pode destruír vida. Non acendas fogueiras nin tires cabichas.

Recolle e recicla

Recolle o lixo que xeres e deposítao no contedor. Se é posible, sepárao para reciclar.

Especies invasoras

Non abandones animais exóticos: causan un dano irreparable no equilibrio ecolóxico da natureza.

Fauna e flora

Camiña sempre polos sendeiros para evitar danar a flora e a fauna.

Estacionalidade

Goza dos espazos e do contacto coa natureza. Volve a visitalo e descúbreo noutras épocas do ano.

Reduce o ruído

Reduce o ruído para non espantar a fauna nin molestar outros camiñantes.

Respecta a propiedade privada

Respecta a propiedade privada. Non pises o sementado, non collas froitas nin ningún produto de fincas privadas.

Mascotas

Vixía a tu mascota. As zonas protexidas gardan un gran valor ecolóxico a cada paso.

Infórmate antes da excursión

Infórmate da zona: se está protexida, se está permitido o uso de drons…

Auga

Hidrátate! Non en todas as sendas hai fontes, leva a túa propia auga.

Se precavido

Evita accidentes non adentrándote en terreos difíciles ou con risco de perdernos.

Calcula o tempo

Calcula o tempo que che levará realizar a ruta e evita que anoiteza.