Organiza a túa viaxe

Consellos

Neste apartado poñemos á túa disposición información relativa a estos temas.

É gratuíto aparcar en Oleiros?

Podo pasear co meu can pola praia ou o polo parque?

Hai wifi en lugares públicos?

Ordenanzas de interese

Ordenanza de animais

Paseo con animais

Os animais teñen que transitar pola vía pública ou zonas verdes con cadea, correa e colar ou outros medios máis axeitados segundo a especie.

Praias e parques

Está prohibida a presenza de animais nas praias, parques e espazos públicos, especialmente os frecuentados por nenos e nenas.

Entrada prohibida

Está prohibida a entrada de animais en espectáculos públicos deportivos e culturais.

Deposicións

Está prohibido deixar as deposicións dos animais na vía pública. A persoa propietaria do animal ou persoa que o leve é responsable de recollelas.

Consulta á ordenanza
ora

Ordenanza da O.R.A.

(ordenación reguladora de aparcamento)

Servizo de O.R.A.

O servizo público O.R.A está vixente do 1 de xuño ó 15 de setembro, de luns a domingos (incluídos festivos), en horario de 12:00h a 20:00h.

Tempo máximo

O tempo máximo que un vehículo pode permanecer estacionado en zona O.R.A., non reservada a residentes nin a establecementos comerciais, é de un día controlado polo tícket correspondente. Quedan excluídos, entre outros, os vehículos propiedade de persoas con mobilidades reducida, cando estean en posesión da correspondente autorización especial que expide la Administración Municipal.

Motos e bicis

As motocicletas, ciclos, ciclomotores e bicicletas poderán aparcar gratuitamente nas zonas habilitadas para eles.

Estacionamento exprés

Existen zonas nas que o estacionamento está regulado e limitado temporalmente como estacionamento comercial. Neste caso o estacionamento é gratuíto e limitado a un máximo de 30 minutos, sendo necesario indicar a hora de chegada.

Consulta a ordenanza

Outras ordenanzas de interese:

Ordenanza de mobilidade

Consulta a ordenanza

Ordenanza de uso de praias

Consulta a ordenanza

Wifi

No concello de Oleiros o servizo wifi está dispoñible gratuitamente nos principais edificios municipais e nas bibliotecas.