De mércores a venres: 10.00-14.00h/16.00-18.00h. Este centro permanecerá pechado o xoves 5 e o venres 6 de decembro.
Avda. das Américas, s/n - Perillo
981 904 052
turismo@oleiros.org
Os costes de contratación do persoal técnico de turismo deste centro son subvencionados por:
De martes a domingo 10.00-14.00h/16.00-18.00h
Celso Emilio Ferreiro, s/n
Serantes
981 618 154
turismo@oleiros.org
Os costes de contratación do persoal técnico de turismo deste centro son subvencionados por:
Os teus comentarios fannos mellorar. Fainos chegar as túas ideas para poder gozar das mellores experiencias.
No porto de Lorbé existe unha gran tradición no cultivo deste molusco, sendo unha das súas principais actividades. Máis dun centenar de bateas salpican a ría producindo anualmente millóns e millóns de quilos deste produto e xerando empregos directos no sector.
A principios de agosto, con motivo das Festas do Carme, celébrase a festa do mexillón, un evento que atrae cada ano a centos de visitantes á pequena vila de Lorbé, onde non falta a boa música e a boa comida.
O proceso iníciase coa captación da cría do mexillón no medio natural, o cal se pode levar a cabo de dúas maneiras:
Recollendo directamente a cría nas rochas durante a baixamar.
Empregando cordas colectoras nas épocas nas que hai larvas na auga.
O artefacto empregado para o cultivo do mexillón é a batea, unha construción flotante da que se suspenden cordas ás que vai fixada a cría do mexillón e que non poden tocar o chan para mantelos a salvo dos depredadores. Cada batea pode ter entre 400-500 cordas.
Despois duns 6 meses, o crecemento da cría na corda fai que esta alcance un grosor que limita o crecemento do mexillón, por este motivo desdóbrase, é dicir, a corda de cría degráese e por cada unha obtéñense dúas ou tres cordas de menor densidade, o que permite que o mexillón siga crecendo. Unha vez feito isto, déixanse transcorrer 12 meses ata o colleitado, momento no que o mexillón alcanza o seu tamaño comercial (6-10 cm).