Sobre Oleiros

Clima

Clima oceánico húmido

Goza de Oleiros todo o ano

Pola súa situación xeográfica en Oleiros predomina o clima oceánico húmido, caracterizado por unha escasa oscilación térmica e por unhas precipitacións moderadas que se reparten durante todo o ano.

Ao tratarse dun municipio costeiro, o mar actúa como termorregulador impedindo que exista unha gran diferenza de temperaturas entre as distintas estacións do ano.

En Oleiros os invernos son suaves e os veráns mornos, roldando a temperatura media anual os 13-14º C. En canto ás precipitacións, a primavera e o outono son as estacións máis chuviosas.

Flora e fauna

A combinación perfecta

Esta combinación de temperaturas suaves e chuvias regulares, favorece que no noso municipio exista unha gran riqueza e variedade de flora e fauna.

Fauna

No que a fauna se refire, podemos mencionar o corvo mariño cristado (en Oleiros existe a colonia máis grande da España peninsular) e o andoriño real, que ten o seu lugar de cría nalgunhas furnas da zona.

Flora

Se falamos de vexetación, encontramos un arboredo integrado por piñeiros do país, carballos ou salgueiros, plantas como a herba de namorar e arbustos como o trobisco, de carácter mediterráneo.

Turismo de temporada

Actividades durante todo o ano

A época máis calorosa enmárcase de finais de xuño ata principios de setembro, polo que é a época ideal para gozar dos preciosos areais do municipio e das moitas festas patronais e gastronómicas que teñen lugar durante estes meses.

O resto do ano préstase para a práctica do sendeirismo, a observación de aves e os deportes acuáticos ou para gozar da variada oferta cultural que ofrece Oleiros.