Ao faro, roteiro literario pola costa de Mera

Para conmemorar o Día Internacional do Libro, as Bibliotecas Públicas Municipais de Oleiros organizan un roteiro literario pola costa de Mera, coa escritora Silvia Salgado. Partirase da Biblioteca Municipal Mª José Trincado de Mera e camiñarase polo paseo marítimo e pola costa, con paradas e lecturas en voz alta e comentadas, ata chegar aos faros de Mera. Imprescindible reservar praza na biblioteca Rialeda ou chamando por teléfono ao 981 639 511.

info

Data

18 Abril 2024

Hora

11:00h

Onde

Mera
Biblioteca Municipal María José Trincado

Compartir

Volver á axenda