Que ver

Parques

Ao longo de todo o municipio pódese gozar de fermosos e tranquilos miradoiros e parques, neles atopamos áreas de xogo infantil, monumentos, zonas para deporte e recunchos para o descanso e a evasión, así como paseos marítimos e carrís bici.

A Capela
Montrove – Liáns
Xardín romántico para pasear entre frondosa vexetación ao abrigo das ruínas do antigo Pazo da Capela.
Extensión
7.858 m2
mostrar no mapa
A Lagoa
Mera – Maianca
Fronte á praia de Mera e na praza onde unha cheminea queda como símbolo dunha antiga fábrica de ladrillos, encontramos esta área de recreo en cuxas marxes medran xuncos e plantas acuáticas que serven de refuxio a patos, gansos, cisnes…
Extensión
46.612 m2
mostrar no mapa
As Trece Rosas
Bastiagueiro – Liáns
Un lugar ideal para pasear, xogar ou facer deporte fronte ao mar. O parque comunica a praia de Bastiagueiro e o paseo marítimo de Santa Cruz, cunhas inmellorables vistas ao mar.
Extensión
128.000 m2
mostrar no mapa
Bosque de Xaz
Dorneda
Parque forestal situado en Dorneda ideal para camiñar.
Extensión
180.000 m2
mostrar no mapa
Bosque dos Veciños
Montrove – Liáns
Parque forestal, pulmón verde do concello, onde pasear entre frondosos castiñeiros, carballos... e descubrir historia: a igrexa de Santa Eulalia de Liáns, o pazo de Lóngora...
Extensión
168.000 m2
mostrar no mapa
José Martí
Santa Cristina – Perillo
En Santa Cristina, á beira da praia, encontramos este parque dotado de zona de xogos para nenos e nenas, un estanque de peixes e tartarugas, amplos e fermosos paseos axardinados e zonas de descanso que farán o gozo de todos e todas.
Extensión
27.372 m2
mostrar no mapa
Luís Seoane
Santa Cruz – Liáns
En pleno centro de Santa Cruz e preto da praia, do Castelo, dos comercios e da hostalería, este espazo verde ofrécenos zonas de descanso e distracción, un área de xogos infantís, un estanque de patos...
Extensión
14.106 m2
mostrar no mapa
Nirvana
Bastiagueiro – Perillo
No paseo costeiro entre Perillo e Santa Cruz, unha parada neste parque permitiranos gozar dunha fermosa paisaxe.
Extensión
10.243 m2
mostrar no mapa