De mércores a venres: 10.00-14.00h/16.00-18.00h. Este centro permanecerá pechado o xoves 5 e o venres 6 de decembro.
Avda. das Américas, s/n - Perillo
981 904 052
turismo@oleiros.org
Os costes de contratación do persoal técnico de turismo deste centro son subvencionados por:
De martes a domingo 10.00-14.00h/16.00-18.00h
Celso Emilio Ferreiro, s/n
Serantes
981 618 154
turismo@oleiros.org
Os costes de contratación do persoal técnico de turismo deste centro son subvencionados por:
Os teus comentarios fannos mellorar. Fainos chegar as túas ideas para poder gozar das mellores experiencias.
É un concello pequeno en canto á súa extensión, a súa superficie é de 43,8 Km², pero cunha poboación en constante crecemento. O territorio está dividido en 9 parroquias: Dexo, Nós, Iñás, Dorneda, Liáns, Perillo, Serantes, Oleiros e Maianca.
Oleiros é un dos destinos turísticos máis destacables da comarca xa que, ademais de pola súa riqueza paisaxística e o seu patrimonio cultural, o municipio é coñecido pola súa decidida aposta na preservación do medio ambiente e pola calidade dos servizos e equipamentos públicos que ofrece á súa poboación, o que o converten nus dos espazos turístico- residenciais de maior calidade en Galicia.
Da antigüidade do noso municipio, dan idea os castros catalogados e a constancia de achados neolíticos de recipientes de barro que contiñan cinzas de falecidos, atopados en lugares de enterramentos comúns “As Medoñas” e que pertencían á tribo máis antiga que se coñece en Galicia, os Ártabros. Os romanos adquiriron deles eses costumes tras a súa invasión galaica e chamáronlles “Ollarius” de onde toma nome a localidade de “Oleiros”.
Testemuñas da nosa historia máis recente son moitos dos elementos que forman parte do patrimonio arquitectónico do municipio: igrexas, pazos, torres, vilas, etc., moitos deles recuperados polo goberno local para asegurar a súa conservación e que farán que a visita a Oleiros teña un encanto moi especial.
Oleiros foi un lugar onde se desenvolveu unha importante actividade oleira, de aí deriva o termo que en galego se denomina “oleiros”.