Pechado temporalmente
Avda. das Américas, s/n
Santa Cristina - Perillo
981904052
turismo@oleiros.org
Os costes de contratación do persoal de atención deste servizo son subvencionados por:
Os teus comentarios fannos mellorar. Fainos chegar as túas ideas para poder gozar das mellores experiencias.
Terrazas desde as que observar unha bonita posta de sol, tomar un petisco coa fermosa silueta do Castelo de Santa Cruz de fondo ou relaxarse mentres gozamos dunhas espectaculares vistas á praia. Estes son algúns dos suxerintes reclamos que encontraremos en lugares como Santa Cristina, Santa Cruz ou Mera, zonas de terrazas por excelencia nas que gozar do sol, un refresco, un petisco…
Nos locais situados nas inmediacións do paseo marítimo destas localidades, o ir e vir de xente buscando unha mesa para deleitarse coas vistas é constante pero tamén outras rúas como O Cruce, O Repicho e a praza do Exilio en Santa Cruz ou a rúa Etiopía en Perillo consolídanse como zonas de tapas.