Pechado temporalmente
Avda. das Américas, s/n
Santa Cristina - Perillo
981904052
turismo@oleiros.org
Os costes de contratación do persoal de atención deste servizo son subvencionados por:
Os teus comentarios fannos mellorar. Fainos chegar as túas ideas para poder gozar das mellores experiencias.
Moverse polo Concello de Oleiros é moi sinxelo posto que o municipio posúe infraestruturas e equipamentos para todas as necesidades. Xa sexa en bici, en transporte público ou en vehículo particular, Oleiros adáptase á opción que mellor che conveña.
públicoO carril bici do concello conecta os núcleos de Mera, Santa Cruz e Santa Cristina coa cidade da Coruña, polo que moverse por estas localidades e chegar ata o centro da Coruña é máis sinxelo e seguro para as persoas usuarias deste medio de transporte.
O carril bici do municipio, con 12,7 Km de distancia e dificultade media, ten tramos exclusivos para ciclistas e outros compartidos con peóns.
Durante todo o ano a compañía Alsa Calpita conecta o concello co centro da cidade da Coruña e a estación de autobuses.
Ademais, unha liña de transporte municipal que percorre o concello de norte a sur, desde Lorbé ata O Burgo (no municipio próximo de Culleredo). Os autobuses saen ás horas impares de Lorbé (desde as 07:00h hasta as 21:00h) e ás horas pares do Burgo (desde as 08:00 h ata as 20:00 h).
Durante os meses de verán (do 15 de xuño ao 15 de setembro), o bus urbano da Coruña 1A une o casco urbano da Coruña coa praia de Santa Cristina cada 16 minutos.
Unha boa opción para obter importantes descontos no importe do billete é facerse coa Tarxeta de Transporte Metropolitano de Galicia. Podemos mercar esta tarxeta nas sucursais de Abanca e empregala en calquera liña de transporte que estea adherida ao Plan de Transporte Metropolitano da Xunta de Galicia.
Horarios de autobuses:
Se nos movemos en coche, debemos ter en conta que durante a época estival (do 1 de xuño ao 15 de setembro) funciona a ORA nas inmediacións das praias de Mera, Santa Cruz, Naval, Bastiagueiro e Santa Cristina. Durante eses meses, o horario da zona azul é de luns a domingo de 12.00h a 20.00h. Fóra deste período, aparcar é totalmente gratuíto.
Por outro lado, as localidades de Santa Cruz e Perillo contan durante todo o ano con zonas de aparcamento exprés nas zonas máis comerciais. Os vehículos que fagan uso destas prazas, non poderán permanecer máis de 30 minutos estacionados.
Máis info ORAA uns 600 metros da praia de Bastiagueiro, na rúa Marcial del Adalid, está habilitada unha área de servizo para autocaravanas con tres prazas.
Servizos da área:
Se non dispoñemos de vehículo propio, o taxi é unha boa opción para desprazamentos rápidos. Existen varias paradas de taxi permanentes repartidas polo concello ás que podemos acudir, pero se o que preferimos é que o taxi nos recolla nalgún lugar en concreto, podemos solicitalo no seguinte número de teléfono 981 243 333.
Pedir Taxi