Que facer

Eventos

En Oleiros a palabra festa é sinónimo de gastronomía, de artesanía, de deporte, de boa música e sobre todo de moita diversión. Toma boa nota e divírtete!

Festas patronais

Abril

Iñás
San Xurxo

Nós
San Marcos

Xuño

Dexo
San Antón

Montrove
San Paio

Nós
San Pedro

Xullo

Mera
O Carmen
Santa Ana

Agosto

Lorbé
O Carmen

Oleiros
Santa María

Santa Cruz
O Santísimo

Setembro

Iñás
O Santísimo

Perillo
Santa María da Cabeza

Maianca
San Cosme

gastro

Festas gastronómicas

Feira do Mel

Mostra de produtos relacionados co mundo do mel que se celebra a principios de novembro no mercado municipal de Perillo. Podemos encontrar desde produtores apícolas ata fabricantes de queixos, doces, artesanías varias… Música, xogos e polbeiras converten a feira nun día de festa.

cultura

Festas populares e culturais

Alfaroleiros

Mostra de olería popular que se celebra a principios de agosto no parque Luís Seoane de Santa Cruz, na que participan artesáns de toda España. Artesanía, tradición e natureza mestúranse para ofrecer ás persoas visitantes parte do patrimonio herdado dos nosos devanceiros.

Paralelamente á feira celébranse diferentes actividades culturais como concertos, obradoiros de barro, etc. O visitante poderá completar o seu paso pola feira coa visita ao Museo Os Oleiros.

Entroido

Celébrase nas diversas parroquias, destacando especialmente a festa organizada en Oleiros "O entroido dos vellos", dedicada aos nosos maiores. Nel lévanse a cabo representacións parateatrais, concursos de disfraces, de baile e orquestras, acompañados de doces e de sobremesas típicas do momento: filloas, orellas…

deporte

Eventos deportivos

Tríatlon

Proba consistente en carreira, ciclismo e natación que ten lugar cada primavera en Mera. As probas realízanse no paseo marítimo e o contorno do parque da Lagoa, nela participan tanto veciños como deportistas federados de toda Galicia.

Bandeira de Traíñas

Competición galega de traiñeiras que se celebra cada verán na praia de Santa Cristina.

Travesía Costa Oleiros

Proba de natación que ten como punto de chegada a praia de Santa Cristina. A competición consta de tres distancias a cubrir de 6000, 3000 e 2000 metros con saídas desde as praias de Mera, Santa Cruz e Bastiagueiro. A proba celébrase no mes de xullo.

música

Eventos musicais

Música na rúa

Durante os sábados dos meses de xullo e agosto as terrazas de Mera, Santa Cruz e Santa Cristina anímanse coa mellor música en vivo.

Festival Rockanroleiros

Cita musical que ten lugar no mes de outubro en Santa Cruz e co que se pretende dinamizar e apoiar as bandas locais.