De mércores a sábado: 10.00-14.00h/16.00-18.00h
Avda. das Américas, s/n - Perillo
981 904 052
turismo@oleiros.org
Os costes de contratación do persoal técnico de turismo deste centro son subvencionados por:
De martes a domingo 10.00-14.00h/16.00-18.00h
Celso Emilio Ferreiro, s/n
Serantes
981 618 154
turismo@oleiros.org
Os costes de contratación do persoal técnico de turismo deste centro son subvencionados por:
Os teus comentarios fannos mellorar. Fainos chegar as túas ideas para poder gozar das mellores experiencias.
A singularidade dos ecosistemas e hábitats da Costa de Dexo- Serantes a súa xeomorfoloxía e a súa paisaxe fixeron que se declarase Monumento Natural no ano 2000, polo que está integrada na Rede Galega de Espazos Naturais Protexidos. Forma parte tamén da Rede Natura 2000 como Zona de Especial Conservación (ZEC) e constitúe unha das zonas núcleo da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.
A Costa de Dexo- Serantes é un lugar excepcional para gozar da bravura do mar rompendo en impresionantes cantís, a observación de aves e flora autóctona e para a práctica de sendeirismo.
A súa fraxilidade require que todos e todas poñamos da nosa parte para conservar este lugar tan valioso.
Seguir unhas sinxelas normas e recomendacións contribuirán a que poidamos preservar este fermoso espazo:
Utiliza sempre os sendeiros sinalizados para gozar do Monumento Natural e non crear impactos innecesarios.
Non deixes residuos ou lixo na contorna.
Non arrinques plantas ou molestes a persoas ou animais.
Está prohibido o uso de vehículos 4X4 e a práctica de motorismo.
Está prohibido o uso de drons.