Dorneda

Pazo de Xaz

Pazo de época neoclásica do século XIX. Este pazo organízase por medio dunha construción exenta de planta en forma de “L” cunha capela gótica realizada en fábrica de cantería e granito. Está formado por dúas plantas e semisoto cunha gran escalinata na fachada principal. Nesta fachada destaca unha galería de madeira, un elemento clásico da arquitectura galega. O xardín está decorado ao estilo francés con trazados xeométricos realizados con mirto e un reloxo solar de pedra.
Actualmente é a sede do campo de golf.