Perillo

Rialeda

Casa señorial de época modernista construída no século XX polo arquitecto Rafael González Villar, un dos máximos expoñentes do modernismo galego da época.
O edificio é de planta rectangular de dúas alturas decoradas con elementos secesionistas (como arcos apuntados ou motivos florais). No exterior, grandes xogos de volumes na cuberta aumentan ata en dúas alturas máis a edificación. A inclusión de materiais como azulexo azul ultramar e branco nalgúns puntos, achegan unha nota colorista e deixa entrever as influencias decorativas do movemento artístico da Secesión vienesa no arquitecto.
Un fermoso xardín con gran diversidade de árbores, no que destacan un cedro do Himalaya (Cedrus deodara) e frondosos tileiros (Tilia cordata), rodean a casa.
Desde o ano 1998 ata a actualidade, alberga a Biblioteca Central que é a sede da Rede Municipal de Bibliotecas do Concello de Oleiros.