Maianca

San Cosme de Maianca

Igrexa de estilo románico do século XII realizada en granito.
Actualmente consta de dúas naves aínda que en orixe constaba soamente dunha. No interior consérvase unha ábsida á que se accede a través dun arco semicircular sustentado por columnas prerrománicas.
No exterior, a fachada ten unha porta de entrada de madeira cun pequeno nártice porticado.
Destacan algúns elementos anteriores ao século X, como unha pila bautismal sobre a que hai unha lenda que fala da chegada de Almanzor no ano 997 a este templo, onde se di que abeberou o seu cabalo.

Horarios

Domingos e festivos
11:15h