Liáns

Santa Eulalia de Liáns

A igrexa de Santa Eulalia de Liáns, construída no século XVII, é un dos escasos exemplos do barroco rural na comarca mariñá.
Ten planta de cruz latina cunha pequena cúpula no cruceiro a modo de lucernario. A fachada da igrexa, xunto co cruceiro de granito que preside o contorno e que data do século XVIII, concentra a maior parte da súa riqueza ornamental e valor histórico.
Conta cun interesante cemiterio con tumbas de finais do S.XIX e principios do S.XX de diversos estilos decorativos e arquitectónicos.

Horarios

Domingos
Misa suspendida ata novo aviso