Dexo

Santa María de Dexo

A igrexa de Dexo, cuxas orixes se remontan ao ano 1108, está organizada nunha única nave rectangular cunha capela maior e un ábsida semicircular. A fachada principal segue a estrutura típica do románico, con dous pares de columnas sobre as que se apoian arquivoltas con decoración xeométrica.
No exterior, destaca unha colección composta por catorce canzorros, nos que se pode apreciar unha variada decoración integrada por animais diversos, cabezas humanas e algunhas figuras xeométricas.

Horarios

Xoves (excepto o primeiro de mes)
19:00h

Domingos e festivos
10:00h