De mércores a sábado: 10.00-14.00h/16.00-18.00h. Pechada os días 1 e 2 de novembro.
Avda. das Américas, s/n - Perillo
981 904 052
turismo@oleiros.org
Os costes de contratación do persoal técnico de turismo deste centro son subvencionados por:
De martes a domingo 10.00-14.00h/16.00-18.00h
Celso Emilio Ferreiro, s/n
Serantes
981 618 154
turismo@oleiros.org
Os costes de contratación do persoal técnico de turismo deste centro son subvencionados por:
Os teus comentarios fannos mellorar. Fainos chegar as túas ideas para poder gozar das mellores experiencias.
O turismo activo continúa desenvolvéndose e a oferta de actividades enriquécese día a día, con propostas que van desde un aventurado surf en Bastiagueiro ata un relaxante paseo en kaiak pola praia de Mera ou un tranquilo percorrido polos sendeiros do Monumento Natural da Costa de Dexo- Serantes.
Ademais, contamos con numerosas infraestruturas para realizar toda clase de deportes. A continuación móstranse diversas actividades para facer no concello e gozar das nosas extraordinarias paraxes.
No municipio temos dous clubs de remo con moita tradición, o Club Deportivo Mariñeiro de Mera e o Club de Regatas de Perillo. Ambos teñen unha dilatada experiencia en competicións e importantes resultados e organizan competicións masculinas e femininas nas diferentes modalidades de banco fixo. Adestran desde a praia de Mera e desde a praia de Santa Cristina, onde poderás iniciarte con eles ou prepararte a nivel competitivo.
Todos os anos se celebran varias competicións deste deporte no concello, a Competición Galega de Traineras na parroquia de Perillo e a Bandeira Baía de Mera-Virxe do Carmen en Mera, que congregan a centos de persoas.
A praia de Bastiagueiro é un fantástico lugar para practicar estas modalidades. Hai ondas para todos os niveis e a posibilidade de iniciarte con escolas da zona ou alugar material. Nesta praia celébranse anualmente competicións do circuíto galego de surf, bodyboard e paddleboard.
A praia de Bastiagueiro ten orientación norte e funciona con marea media e alta. Conta con aparcamento na mesma praia.
Outro bo lugar para realizar páddle é a praia de Mera, onde poderás descubrir as súas covas a través das súas augas cristalinas. Na praia hai servizo de aluguer de táboas.
A praia de Santa Cristina é todo un referente en Galicia para o kitesurf, sendo a praia máis concorrida do norte de Galicia. Cando recibe o vento do nordeste danse unhas condicións perfectas para a práctica destes deportes. No paseo marítimo hai escolas para poder aprender e alugar material.
Clubs de natación, de natación sincronizada, club de tríatlon... en Oleiros hai numerosos xeitos de gozar destes deportes tanto a nivel de iniciación como máis avanzado. Ademais de practicalos nas instalacións municipais, moitas persoas escollen as nosas praias para adestrar.
As augas claras e tranquilas das praias de Mera e de Espiñeiro son ideais para darse un tranquilo paseo en kaiak.
Busca ao longo da praia onde aluguen kaiaks e anímate!
A nosa costa é unha gran descoñecida aínda, pero nela pódese observar unha rica e fantástica variedade de flora e fauna, ademais de numerosos restos arqueolóxicos.
Existen numerosas infraestruturas habilitadas e zonas públicas onde facer deporte.
Paseos, carril bici, ‘’máquinas’’ para facer exercicio ao aire libre...
Skatepark
En Bastiagueiro a escasos pasos da praia, poderás gozar dunha pista habilitada para patinar, que conta con planos inclinados, bordos, varandas, ramplas de cuarto de tubo, un eurogap, escaleiras, etc.
Está situada na avenida Ernesto Che Guevara, no parque de Bastiagueiro (Liáns).
golfSituado no contorno do emblemático Pazo de Xaz, Oleiros conta cun campo de golf de 18 buratos deseñado por Stirling & Martin Architects. Dispon ademais dun club social con área de xogos infantís, piscinas para adultos/as e para nenos/as, ximnasio, páddle e outras instalacións deportivas e de ocio.
No faro de Mera pódense observar con facilidade o corvo mariño cristado (aquí está a colonia máis grande da España peninsular) e tamén o andoriño real, pois ten o seu lugar de cría nalgunhas furnas da zona.
Durante a primavera e outono, na época de paso migratorio, é común ver o paso do mascato.
Na baía de Santa Cruz, na etapa invernal, pódese ver a gaivota cabecinegra (algunhas aneladas), o virapedras e tamén o corvo mariño grandena rocha que leva o seu nome ‘’A rocha dos Corvos’’.
No fondo da ría, desde a praia de Santa Cristina e en todo o paseo marítimo do interior da ría, pódese gozar durante o inverno dunha numerosa variedade de especies limícolas, anátidas, garzas, plataleídos, etc., que se poden observar desde corta distancia nalgúns casos.
Para profundar no tema, pódese pedir información no Centro de Visitantes Aula do Mar dos faros de Mera, no CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia), situado no Castelo de Santa Cruz, ou nas diversas asociacións ecoloxistas da zona.