Nós

Igrexa de San Pedro de Nós

A freguesía de San Pedro de Nós foi feudo dos templarios ata 1312, ano en que esta orde se extinguiu. A igrexa foi reconstruída varias veces, a primeira vez en 1897 e aproveitáronse as pezas orixinais para a nova construción. A segunda produciuse en 1934 tras un incendio.
O edificio estrutúrase nunha planta dunha soa nave dividida en cinco tramos. A cabeceira está rematada por unha ábsida rectangular. Na fachada destaca a espadana dobre do campanario rematada por un frontón semicircular e tamén son destacables as ventás de arco de medio punto enriba da portada principal do templo.

Horarios

Domingos
12:30h